jueves, 5 de junio de 2014

CHARLA DE "EL PARTO ES NUESTRO"



Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola, xa que asistimos a un taller promovido por a asociación "el parto es nuestro" co cal aprendimos moitas cousas sobre o embarazo, o parto e os primeiros meses de vida.

Para levar a cabo tal actividade, viñeron á escola Teresa, que foi a encargada do taller, María, unha rapaza embarazada de 40 semanas, que dentro de moi pouquiño se vai  converter na mamá de Pedro, Sara, a nai de Victoria, que veu con Ester, súa irmá, e Elena, a nai de Miguel, que como é matrona nos puido explicar moitas cousas.

Comezamos vendo unha proxección da evolución do embarazo, cómo vamos medrando dentro da barriga de mamá, aprendimos que ás 22 semanas os bebés xa oen e as mamás xa os sinten, que é o cordón umbilical, cómo se coidan as embarazadas....



Despois, quixemos escoitar o corazón de Pedro, o cal está puntiño de nacer. Aprendimos que o corazón dos bebés latexa moito más rápido que o noso.... cómo nos gustou este aparello!



Despois, vimos cómo avisan os bebés de que teñen fame, facendo muecas como se chuparan, e observamos cómo mamaba Ester...e agora xa sabemos que o leite de mamá leva azúcar!!!

e, por último, pedímoslle a María que se tumbase no chan para poder intentar sentir en qué posición se atopaba Pedro...




Moitísimas grazas ás catro!!!! aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! Esperamos que Pedro lle de un parto feliz á súa mamá!!!

martes, 3 de junio de 2014

YAGO

MATEO

ADRIÁN

VOLVEMOS SUBIR Ó ESPACIO...



Chegou o martes, e con el o día de seguir aprendendo moitas cousas sobre o Universo. Esta semana axudámonos do material de Adri e de Miguel.

A familia de Adri fíxonos un telescopio, ou máis ben un "observador de constelaciones". Troxéronnos un montón de constelacións feitas, as cales podemos ir cambiando, metendo no aparello e coa axuda dunha linterna vémolas tan ben que case parecen reais! Todo un invento!!!




Miguel e a súa familia tamén usaron a creatividade á hora de facer o seu material, xa que con eles fómonos directamente ó espacio!!! Miguel trouxo unha caixa xigante coa cal podemos cubrir todo o noso corpo, e por dentro está cheíña de estrelas, lúas... fluorescentes, polo tanto, metidos na súa oscuridade, parece que estamos no espazo! Ademais, trouxonos tamén un pequeno Larousse no cal aprendimos moitas cousas, cómo en qué posición está a terra en cada mes, cales son as rotacións, cómo se viaxa á lúa...e mil cousas máis.






MOITAS GRAZAS FAMILIAS! ESTAMOS FACENDO UNHA INVESTIGACIÓN CHULÍSIMA!!!

lunes, 2 de junio de 2014

EN CARNOEDO SEMPRE PASAN COUSAS...



O outro día, cando saímos ó patio, vimos que o camión da basura estaba levantando algo moi grande no aire...chamounos a atención e alá fomos!






Aquelo parecía maxia!!!! como era posible que o contenedor se movese solo? e donde estaba o conductor??? nese momento, un señor saiu de detrás do camión cun aparello nas mans, e a profe pediulle que viñese contarnos que estaba a pasar.... explicounos que o que tiña nas mans era unha especie de mando a distancia, desde o cal dirixía o brazo do camión e lle servía para vaciar o contendor.



Xa aprendimos algo máis! ai que ver o importante que é este señor e o material que el ten!



Moitas grazas señor! foi toda unha aprendizaxe en directo!


BROCHETAS DE FROITA

martes, 27 de mayo de 2014

QUÉ INTERESANTE É O UNIVERSO NO QUE VIVIMOS!



Hoxe, coma tódolos martes, seguimos a investigar sobre o universo. Foi o turno do material de Javier e Nerea.

Javier fixo, axudado da súa nai, un precioso xogo sobre os planetas. Fixeron os nove planetas, coloreáronos, plastificáronos e puxéronlle velcro, de xeito que agora podemos xogar a memorizar o seu lugar e volver a colocarlos. Mirade qué chulo:



Nerea e a súa familia trouxeron unha morea de cousas. Estivemos mirando imaxes, ademais de ler un conto no cal aprendimos que hai varios universos, outro que trataba sobre os planetas e os xiros que fai a Terra, e por último unha poesía que seguía a ser unha fonte riquísima de información. Mirade:



Moitas grazas familias! estádelo facendo coma sempre, estupendamente!!!