martes, 3 de junio de 2014

VOLVEMOS SUBIR Ó ESPACIO...



Chegou o martes, e con el o día de seguir aprendendo moitas cousas sobre o Universo. Esta semana axudámonos do material de Adri e de Miguel.

A familia de Adri fíxonos un telescopio, ou máis ben un "observador de constelaciones". Troxéronnos un montón de constelacións feitas, as cales podemos ir cambiando, metendo no aparello e coa axuda dunha linterna vémolas tan ben que case parecen reais! Todo un invento!!!




Miguel e a súa familia tamén usaron a creatividade á hora de facer o seu material, xa que con eles fómonos directamente ó espacio!!! Miguel trouxo unha caixa xigante coa cal podemos cubrir todo o noso corpo, e por dentro está cheíña de estrelas, lúas... fluorescentes, polo tanto, metidos na súa oscuridade, parece que estamos no espazo! Ademais, trouxonos tamén un pequeno Larousse no cal aprendimos moitas cousas, cómo en qué posición está a terra en cada mes, cales son as rotacións, cómo se viaxa á lúa...e mil cousas máis.






MOITAS GRAZAS FAMILIAS! ESTAMOS FACENDO UNHA INVESTIGACIÓN CHULÍSIMA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario