jueves, 5 de junio de 2014

CHARLA DE "EL PARTO ES NUESTRO"



Hoxe tivemos unha visita moi especial na escola, xa que asistimos a un taller promovido por a asociación "el parto es nuestro" co cal aprendimos moitas cousas sobre o embarazo, o parto e os primeiros meses de vida.

Para levar a cabo tal actividade, viñeron á escola Teresa, que foi a encargada do taller, María, unha rapaza embarazada de 40 semanas, que dentro de moi pouquiño se vai  converter na mamá de Pedro, Sara, a nai de Victoria, que veu con Ester, súa irmá, e Elena, a nai de Miguel, que como é matrona nos puido explicar moitas cousas.

Comezamos vendo unha proxección da evolución do embarazo, cómo vamos medrando dentro da barriga de mamá, aprendimos que ás 22 semanas os bebés xa oen e as mamás xa os sinten, que é o cordón umbilical, cómo se coidan as embarazadas....



Despois, quixemos escoitar o corazón de Pedro, o cal está puntiño de nacer. Aprendimos que o corazón dos bebés latexa moito más rápido que o noso.... cómo nos gustou este aparello!



Despois, vimos cómo avisan os bebés de que teñen fame, facendo muecas como se chuparan, e observamos cómo mamaba Ester...e agora xa sabemos que o leite de mamá leva azúcar!!!

e, por último, pedímoslle a María que se tumbase no chan para poder intentar sentir en qué posición se atopaba Pedro...




Moitísimas grazas ás catro!!!! aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! Esperamos que Pedro lle de un parto feliz á súa mamá!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario