martes, 12 de noviembre de 2013

SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS CABALOS!



Hoxe, como tódolos martes, dedicamos un tempiño a seguir coñecendo moitas cousas sobre os cabalos. Esta vez axudámonos do material que trouxeron Miguel, Guille e Andrés.



Grazas ó conto que trouxo Miguel, coñecemos que o son do cabalo se chama relincho. Qué simpático!


Co material de Guille, seguimos vendo as partes do corpo dos cabalos, e aprendimos para qué serven as ferraduras.



E co material de Andrés, soubemos dónde beben os cabalos, aprendimos que o deporte relacionado con eles é a hípica, que viven en cuadras, comen herba...moitas cousas!

Como vedes, estámonos facendo uns expertos no tema! Moitas graciñas familias!

martes, 5 de noviembre de 2013

BAILE DO CABALO BRANCO


Hoxe estivemos vendo un video relacionado coa investigación dos cabalos. En concreto, un baile dun cabalo andaluz. Para que o poidades disfrutar na casa, aquí vos queda:

http://www.youtube.com/watch?v=EhKxWhKqmEY

martes, 29 de octubre de 2013

Chegou o martes....investigamos!!!



Hoxe comezamos a traballar a nosa investigación dos cabalos. Centrámonos no material que trouxeron da casa Mateo, Nerea e Leo, ademais de facer o traballo que nos tiña preparado a profe.



Mateo tróuxonos un montón de cousas: cabalos de xoguete, un quebracabezas, varios debuxos, e ata un conto feito por el e a súa familia e un cabalo de fieltro feito pola súa tía! menudos artistas están feitos nesta familia! grazas ó quebracabezas, aprendimos varias palabras clave do mundo dos cabalos (cabalos de tiro, de salto, arnés...).



Nerea tamén veu cargadiña! tróuxonos un montón de información impresa, donde aprendimos cousas da evolución dos cabalos, que antes eran máis pequenos, que comen herba, que teñen cascos...tamén trouxo unha foto de verdade dunha xinete moi especial! a súa mamá cando era máis noviña! qué ilusión nos fixo, case non o creíamos! e, por último, fixo coa axuda da súa nai un bonito cuadro que temos exposto no recuncho. Outra familia de artistazas!














E Leo veu acompañado dun precioso cabalo balancín, que todos estabamos desexando probar! por eso, cando a profe dixo que era a hora de poñerse coa investigación dos cabalos, correndo nos puxemos a probalo! ademais, cando lle apretas unha orella, trota e relincha!

Moitas grazas familias! seguiremos aprendendo moitas cousas!!!!



lunes, 28 de octubre de 2013

INVESTIGACIÓN SOBRE OS CABALOS



Grazas á colaboración das familias o noso recuncho da investigación xa está collendo cor! témolo cheíño de moitas cousas sobre cabalos, que de seguro que nos van axudar moito!!!!

Mirade:





Moitas grazas familias!!!

CUMPLE DE MIGUEL

martes, 22 de octubre de 2013

COMEZAMOS PROXECTO DE INVESTIGACIÓN!!!



Despois de levar un tempo con ganas de investigar, a semana pasada fixemos unha votación sobre qué queriamos aprender algo máis. O resultado foi.....sobre os CABALOS!!!!!

O primeiro que fixemos foi falar sobre o QUE XA SABEMOS, é dicir, as nosas ideas previas, éstes foron os resultados:

MATEO: sus patas tienen herraduras, comen paja, dan patadas, les entran moscas en los ojos.

AARON: buscan comida, comen jirafas.

MIGUEL: corren.

SUSO: tienen negro en las patas.

GUILLE: hacen carreras.

LEO: tienen patas largas y pelo liso.

JAVIER: descansan.

SHANA: se escapan.

ADRIÁN: se pueden montar.

VICTORIA: miran todo.


Despois, plantexámonos cómo vamos conseguir aprender moitas cousas destes animais. Para iso, imos empregar internet, imos aprender cancións, facer traballiños...pero, como se trata  dun traballo complicado, decidimos pedir un pouco de axuda ás familias. Por iso, hoxe vos enviamos a carta na que vos solicitamos a vosa axuda. Tal e como alí vos contamos, agradeceremos un montón que nos traigades todo aquelo que se vos ocurra que nos pode axudar (información, dvd, contos, xogos, cancións, fotografías etc...). Este material non é para quedar para sempre na escola, unha vez que rematemos o proxecto e xa sepamos moitas cousas, poderedes volver levalo para a casa. Entón, xa sabedes, a partir de mañá, cando poidades, estaremos encantados de recibir as vosas aportacións!!! Xa temos un recuncho preparado para ir recollendo todo o material, o que se vai converter no recuncho dos cabalos. Mirade qué bonitiño nos quedou!





MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!