martes, 29 de octubre de 2013

Chegou o martes....investigamos!!!



Hoxe comezamos a traballar a nosa investigación dos cabalos. Centrámonos no material que trouxeron da casa Mateo, Nerea e Leo, ademais de facer o traballo que nos tiña preparado a profe.



Mateo tróuxonos un montón de cousas: cabalos de xoguete, un quebracabezas, varios debuxos, e ata un conto feito por el e a súa familia e un cabalo de fieltro feito pola súa tía! menudos artistas están feitos nesta familia! grazas ó quebracabezas, aprendimos varias palabras clave do mundo dos cabalos (cabalos de tiro, de salto, arnés...).



Nerea tamén veu cargadiña! tróuxonos un montón de información impresa, donde aprendimos cousas da evolución dos cabalos, que antes eran máis pequenos, que comen herba, que teñen cascos...tamén trouxo unha foto de verdade dunha xinete moi especial! a súa mamá cando era máis noviña! qué ilusión nos fixo, case non o creíamos! e, por último, fixo coa axuda da súa nai un bonito cuadro que temos exposto no recuncho. Outra familia de artistazas!














E Leo veu acompañado dun precioso cabalo balancín, que todos estabamos desexando probar! por eso, cando a profe dixo que era a hora de poñerse coa investigación dos cabalos, correndo nos puxemos a probalo! ademais, cando lle apretas unha orella, trota e relincha!

Moitas grazas familias! seguiremos aprendendo moitas cousas!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario