miércoles, 26 de octubre de 2016

VOLTARON AS BRUXAS!

Hoxe, cando estabamos nos recunchos, démonos conta que alguén andaba polo patio...era Tachatodo e Analfabeta! axiña entraron na clase, e todos nos puxemos moi contentos...





Tachatodo chivouse de que Analfabeta aínda non sabía ler, pero como foi ó cole un pouquiño no verán ,pois quixemos comprobalo...e lle preguntamos qué poñía na silla:



Non sabía! inventou que poñía algo dos monstruos,jaajja.

Despois, contounos unha das súas trasnadas: foi á escola do unicornio, e colleu uns aparelliños que veu alí, pensando que eran para facer colares...e eran adaptadores para agarrar ben os lapis! menos mal que todos lle rifamos, e Tachatodo nos dixo que nos quedaramos con un cada un, e o resto xa se encarga ela de devolvelos...





Pero, hai que dicir que polo menos, en todo o verán, Analfabeta aprendeu unha cousa: a escribir "mama" e que si borra as "m" e cambia por "p" pon papa:



Noraboa! pero debes seguir estudiando moito máis. Antes de que se foran, quixemos ensinarlles a nosa exposición de cabazas, que sabiamos lle ía encantar. Achégase a súa festa, a festa das bruxas!



Ata a próxima! grazas pola vosa visita!

2 comentarios:

  1. ¡Qué contenta vino hoy Luci a casa! ¡Mamá vinieron las brujas y no nos robaron nada,podemos seguir aprendiendo! 😅😅😅😅😅 ¡Me encanta este proyecto!

    ResponderEliminar
  2. jaajajajaj, sí, esta vez viñeron de boas...eu creo que ahora, coa confianza que temos, ata axudaremos a Analfabeta a ler!

    ResponderEliminar