miércoles, 15 de junio de 2016

XOGAMOS?

Hoxe no recreo un grupiño de nenas da clase decidiron xogar a...teatro! pedíronlle á profe o guión da obra e elas soíñas, no seu tempo de xogo libre, se puxeron a "ensaiar" ou o que vén sendo para elas, xogar. Por que destacalo? pois porque é moi bonito ver cómo unha actividade "didáctica" se converte en algo lúdico chegando ó punto de querer dedicar o seu tempo a elo. Eso significa que lles gusta o que fan e que esas aprendizaxes van polo bo camiño. Qué bonito sería que todos, os nenos/as máis grandes que somos nós, seguiramos este modo de vida e disfrutaramos de todo aquelo que fixeramos!

Organizáronse:



e empezaron!







3 comentarios: