viernes, 10 de junio de 2011

Outro máis!

Soraia estásenos facendo moi maior. Xa lle caeron varios dentes, pero nunca fora na clase. Pois....hoxe sí! cando estabamos merendando, (debeu ser que hoxe tocaba chocolate, e claro, como moi brando non é...) Soraia foi correndo ó baño e contounos que lle caera un dente, o que se lle movía estes días. Ó  principio asustouse un pouco, pero pronto chegaron as risas para buscalo! agardamos que o ratiño Pérez vexa o noso blog para que sepa que foi verdade e traia algún regaliño. E Soraia, non te preocupes, que vas saír igual de guapa nas fotos da voda!!!

Aquí tedes o resultado, aínda con un pouco de cara de susto...

No hay comentarios:

Publicar un comentario