jueves, 30 de marzo de 2017
QUEN CHEGOU A CARNOEDO?
Hoxe cando acabamos a relaxación, petaron á porta. Era Tito, un rapaz que andaba a buscar un monstruo e nos preguntaba si o coñeciamos. Díxonos que tiña plumas, que o viu no bosque das Brañas...e cando estaba a contar, apareceu unha curuxa pola porta! axiña pensamos no Búho Beto, pero non, non era. Catuxa, que así se chama, viña buscando a un rapaz que lle chama monstruo...quen sería? pois sí, Tito!
Polo visto, encántalles contar historias, e van vir á biblioteca de Sada varios domingos. Invitáronnos, osea que xa temos plan!
Polo visto, encántalles contar historias, e van vir á biblioteca de Sada varios domingos. Invitáronnos, osea que xa temos plan!
miércoles, 29 de marzo de 2017
martes, 28 de marzo de 2017
PROPOSTA DE NURIA
Como xa sabedes, temos un encargo moi especial: facer propostas para que os nosos amigos de Illa Fantasía poidan visitarnos! temos que pensar dónde aterrizar, dónde durmir... xa nos puxemos mans á obra!
lunes, 27 de marzo de 2017
NOTICIAS FRESCAS!
A semana pasada vivimos un momento moi importante na escola, caeusenos o primeiro dente! ben, a todos non, claro está, pero como todos somos un o vivimos con moita intensidade. A "afortunada" foi a nosa compañeira Ainhoa! non vexades a ilusión que lle fixo. Tal ocasión, merecía a pena contala dalgún xeito especial. E nos puxemos mans á obra. Mirade qué fixemos:
Por suposto, o ratonciño Pérez fixo o seu traballo e ó día seguinte Ainhoa nolo contou con pelos e señales. Cantas cousas nos pasan!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)