jueves, 30 de marzo de 2017

QUEN CHEGOU A CARNOEDO?

Hoxe cando acabamos a relaxación, petaron á porta. Era Tito, un rapaz que andaba a buscar un monstruo e nos preguntaba si o coñeciamos. Díxonos que tiña plumas, que o viu no bosque das Brañas...e cando estaba a contar, apareceu unha curuxa pola porta! axiña pensamos no Búho Beto, pero non, non era. Catuxa, que así se chama, viña buscando a un rapaz que lle chama monstruo...quen sería? pois sí, Tito!



Polo visto, encántalles contar historias, e van vir á biblioteca de Sada varios domingos. Invitáronnos, osea que xa temos plan!

No hay comentarios:

Publicar un comentario