jueves, 10 de marzo de 2016

ACERTIJO DAS BRUXAS





Esta vez, tamén nos deixaron unha adiviña...para axudarnos a atopar as colas das sirenas!!!! polo visto, se as queremos encontrar, polas pescaderías de Sada teremos que buscar...xa sabedes! e si as vedes, por favor, sacádelle unha fotiño e enviádela ó mail do cole, ou nola pasades impresa vale? a ver se temos sorte...

AS COLAS DAS SIRENAS





Onte recibimos unha carta moi, moi especial. A segunda carta de Isla Fantasía! nela, tres sirenas nos pedían axuda, xa que, pola noite, mentres deixaron as súas colas a secar, desapareceron....e non as atopan! nós sospeitabamos das bruxas, e estabamos no certo...

lunes, 7 de marzo de 2016

A canción queda con nós


Pensamos que sería boa idea "materializar" a canción, e que quedara con nós na aula, nun lugar visible, para que a felicidade non se nos escape. 

Grazas Lucía!!!

canción de la felicidad





Hoxe, a nosa amiga Lucía, tivo un detalle con nós. Esta fin de semana, escoitou unha canción especial, a canción da "felicidade", e ocurríuselle que sería boa idea traela ó cole e compartila con nós, para que así non haxa ningún neno/a triste. (ó igual que fixera Valeria co tren). Mirade qué bonita.

jueves, 3 de marzo de 2016

VISITA DE ANALFABETA E TACHATODO

VISITA DAS BRUXAS DE ISLA FANTASÍA

PEKY VAI Á CASA...A TRABALLAR!

A nosa amiga Peky, que sempre anda a argallar algo novo, está moi interesada na investigación dos superheroes e superheroínas. Ela, que é moi observadora, deuse conta de que moitos deles levan capa, como elemento fundamental, e ocurríuselle a xenial idea de facer unha propia, para nós, os nenos e nenas de Carnoedo! pero claro, como ela sola non pode, pediunos que forades vós, as familias, as que nos axudedes.

Ela comezou xa a viaxar polas casas, neste caso foi á casa de Leo R. En cada casa, teredes que engadir un pedaciño novo de tela (a que máis vos guste, ou a que máis rabia vos de, unha tela especial para vós ou unha tela calquera). Peky vai acompañada dun libriño, dónde nos podedes explicar cómo foi a vosa labor costureira (con redacción, fotos, debuxos...o que queirades).


Moitas grazas familias! vainos quedar unha supercapa!!!