jueves, 3 de marzo de 2016

PEKY VAI Á CASA...A TRABALLAR!

A nosa amiga Peky, que sempre anda a argallar algo novo, está moi interesada na investigación dos superheroes e superheroínas. Ela, que é moi observadora, deuse conta de que moitos deles levan capa, como elemento fundamental, e ocurríuselle a xenial idea de facer unha propia, para nós, os nenos e nenas de Carnoedo! pero claro, como ela sola non pode, pediunos que forades vós, as familias, as que nos axudedes.

Ela comezou xa a viaxar polas casas, neste caso foi á casa de Leo R. En cada casa, teredes que engadir un pedaciño novo de tela (a que máis vos guste, ou a que máis rabia vos de, unha tela especial para vós ou unha tela calquera). Peky vai acompañada dun libriño, dónde nos podedes explicar cómo foi a vosa labor costureira (con redacción, fotos, debuxos...o que queirades).


Moitas grazas familias! vainos quedar unha supercapa!!!

1 comentario:

  1. Peky sempre leva emoción ás nosas casas...é fantástica! e coa ilusión de todos vai quedar unha capa con superpoderes sí o sí! gracias

    ResponderEliminar