lunes, 24 de octubre de 2016

MUSEO DE ARTE OTOÑAL

A que todos sabedes o que é un museo? nós aprendimos que nos museos hai moooooita arte, e que os autores son artistas. Aprendimos que non só é arte os cadros, senón tamén a música, o baile etc...

Nesta ocasión, quixemos aproveitar uns recursos ben doados de atopar nestas datas, os elementos propios do outono. Así, pedimos a colaboración das familias, e trouxemos ó cole unha caixa de zapatos e moitos froitos, follas secas, ramiñas... Xa con todo na aula, cada un de nós diseñou a súa propia composición. Pero antes tivemos mooooito traballo, xa que forramos toda a parede con papel pintado en tonos do outono. Queredes botarlle unha ollada? saíron cousas ben curiosas...somos uns artistas!











Moitas grazas familias pola vosa colaboración!