martes, 27 de octubre de 2015
lunes, 26 de octubre de 2015
UN DETALLAZO DE NOA!!!
A nosa amiga Noa estivo esta fin de semana preparándonos un detalliño moi chulo e propio do Samaín, un morcego! pero estes morcegos viñan coa barrigola chea!cando os abrimos atopámonos con que estaban cheos de galletas! decidimos levalos para casa e poder tomalas de postre ou de merenda.
Moitísimas grazas Noa!
COTILLEAMOS Ó SOL
Nesta ocasión, vimos un video moi cortiño sobre cómo se "esconde" o sol. Non vos perdades as nosas ideas...teremos que seguir afondando porque éche un tema ben interesante!
miércoles, 21 de octubre de 2015
COLUMPIAMOS Á PROFE
Estamos encantados co novo columpio, ata a profe o quixo probar! todos quixemos demostrar a forza que temos para columpiala...
lunes, 19 de octubre de 2015
AS BRUXAS XA ESTÁN CHEGANDO...
O samaín está á volta da esquina e nótase. Mirade qué fantástica bruxa nos fixo André! está feito un artista! menos mal que en Carnoedo somos amigos das bruxas, que se non... uuuhhhhhhhh
CHEGAREMOS MOI ALTO
Porque sí, porque o merecemos, porque o valemos! sabemos que, pouquiño a pouco é cómo mellor se fan as cousas. E, con moita calma, somos capaces de formar torres coma esta, torres que chegan ós ceo!
miércoles, 7 de octubre de 2015
SENTIMOS AS FOLLAS COS PÉS
Estos días xa comezamos a empregar as follas que trouxemos da casa. Falamos sobre o color do que eran, o por qué, a forma etc...e despois, tiñamos que experimentar con elas, tocalas, sentilas...pero...por que ten que ser coas mans???as mans xa as utilizamos para moitas cousas, por que non probar cos pés?así foi cómo nos puxemos pés á obra. Tivémonos que descalzar, meter cada calcetín no seu correspondente zapato para non perdelos, poñelos no noso sitio para con confundilos cos dos compis...todo un traballo, non pensedes que non! e...despois...a sentir!!!pero a profe díxonos que o fixesemos caladiños, para ver qué ruído facían...ós poucos segundos xa non aguantamos máis, verbalizamos todo o que estabamos a notar: tiñan "pegamento", picaban...un mar de sensacións! estamos seguros que este valioso material nos vai dar mooooito xogo! benvido outono!!!
martes, 22 de septiembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)