miércoles, 7 de octubre de 2015

SENTIMOS AS FOLLAS COS PÉS





Estos días xa comezamos a empregar as follas que trouxemos da casa. Falamos sobre o color do que eran, o por qué, a forma etc...e despois, tiñamos que experimentar con elas, tocalas, sentilas...pero...por que ten que ser coas mans???as mans xa as utilizamos para moitas cousas, por que non probar cos pés?así foi cómo nos puxemos pés á obra. Tivémonos que descalzar, meter cada calcetín no seu correspondente zapato para non perdelos, poñelos no noso sitio para con confundilos cos dos compis...todo un traballo, non pensedes que non! e...despois...a sentir!!!pero a profe díxonos que o fixesemos caladiños, para ver qué ruído facían...ós poucos segundos xa non aguantamos máis, verbalizamos todo o que estabamos a notar: tiñan "pegamento", picaban...un mar de sensacións! estamos seguros que este valioso material nos vai dar mooooito xogo! benvido outono!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario