Como tódolos martes, hoxe tocou traballar na investigación dos cabalos. Tivemos unha gran sorpresa, xa que a profe de relixión, Matucha, nos trouxo un caderno precioso de pegatinas!
Moitas grazas profe! encantounos!
Ademais, seguimos a aprender cousas. Esta vez, co material de Yago, que nos trouxo uns cabalos de xoguete e un mini conto ben simpático:
E tamén co material de Suso, o cal nos trouxo tamén un cabalo e un conto. Este conto non foi un conto como os que estamos acostumados a ler, senón que é un conto de Xosé Neira Vilas, polo tanto escrito cunha linguaxe un tanto "antiga", o cal nos sirveu para ver cómo eran os contos das escolas dos nosos papás. Trataba dun neno que quería un cabalo de madeira de buxo.
Moitas grazas familias!