miércoles, 22 de junio de 2011

quérovos!



A cousa máis grande que me levo de Vigo, o cariño dos meus pícaros! GRAZAS!!!!

graduación




Hoxe foi un día moi importante, xa que despedimos ós maiores, ós de libro azul, como dicimos nós. O curso que vén xa estarán en primaria, polo que fixemos a graduación en infantil, con birrete incluído! Estou segura que van vivir moitas novas experiencias! Parabéns!

martes, 21 de junio de 2011

resumo do curso



Como estos días ando preparando o dvd coas fotos de todo o curso, pareceume boa idea facer un video resumo deste curso, un curso cheo de emocións, que xa remata mañá. Foi un curso que remato moi contenta, lévome a todos os meus pícaros metidiños no meu corazón, e de seguro que non me esquencerei deles!!! Mañá cargareime dos seus biquiños e abrazos....

Viñeron os títeres!

Hoxe, como xa é casi o último día, foi unha xornada especial. Tivemos a actuación duns títeres! Pasámolo xenial, aunque tamén nos deron algún susto, proba delo son estas fotos...fómonos ca intriga de se clarineta sabía falar, e de si o cazador dos contos era un mago, pero foi superdivertido!







lunes, 20 de junio de 2011

André explica o seu video

Cómo pasa o tempo!

Revisando as fotos de todo o curso para meter no dvd, atopei ésta, que é das primeiriñas....Cánto medraron os meus pícaros! parece mentira qué rápido pasa o tempo...xa rematamos o curso, son moito máis maiores, deixamos atrás un montón de experiencias, de aprendizaxes, de alegrías, de enfados tamén, pero deses xa nos esquencimos,jajaj. En definitiva, un curso cheo de emocións... Teño unha mistura de alegría porque chegan as vacacións e de tristura porque esto se acaba...


Tedes que perdonar pero, no dvd das fotos seguramente hai algunha repetida, e non están ben ordenadas cronolóxicamente, xa que ó longo do curso tiven algún que outro problemiña co ordenador...tratarei de facelo o mellor posible.

Sabela explica o seu video

Esto acábase...

Hoxe xa tivemos a sensación de que o cole está a piques de rematar. Xa falta Marcos, que está de vacacións, e hoxe foi o último día da profe Noela con nós. Para celebrar a última clase, trouxonos globos e estivemos aprendendo a facer cousas con eles...






Grazas Noela! un bico gordo e sorte nas oposicións!!!