sábado, 11 de junio de 2011

Máximo e Valentín

Joel

As nosas vidas

Imos poñer os videos das nosas vidas, para que así, nos próximos días, poidamos ir á sala de audiovisuais e cada un de nós explicarlles ós compañeiros/as a nosa presentación. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Tedes que perdoar que a calidade das imaxes nos sempre é a ideal, pero seguro que saberedes entendelo. Esperamos que vos guste! A profe disfrutou moito facendoos...

viernes, 10 de junio de 2011

Imos para primaria



Xa que ós de libro azul nos queda pouco para subir ó seguinte piso, ó de primaria, hoxe fomos facerlles unha visitiña para coñecer cómo traballan. Mirade que ben o pasamos...

Outro máis!

Soraia estásenos facendo moi maior. Xa lle caeron varios dentes, pero nunca fora na clase. Pois....hoxe sí! cando estabamos merendando, (debeu ser que hoxe tocaba chocolate, e claro, como moi brando non é...) Soraia foi correndo ó baño e contounos que lle caera un dente, o que se lle movía estes días. Ó  principio asustouse un pouco, pero pronto chegaron as risas para buscalo! agardamos que o ratiño Pérez vexa o noso blog para que sepa que foi verdade e traia algún regaliño. E Soraia, non te preocupes, que vas saír igual de guapa nas fotos da voda!!!

Aquí tedes o resultado, aínda con un pouco de cara de susto...

O noso mural

Estes días estivemos traballando nun mural para o noso corredor. Decidimos facelo pintando papel branco de moitas cores, e despois tapalo con cartulina negra que picamos facendo unhas figuras moi alegres. Mirade qué chulo nos quedou...



martes, 7 de junio de 2011

saída 7 de xuño




Aquí tedes a nosa saída de hoxe, a de final de curso. Cánto disfrutamos! Aprendimos moitas cousas, pero sobre todo, pasámolo xenial! imos rematar o curso con moi bo sabor de boca. Para as familias, que non puidéstedes vivilo coma nós, disfrutade polo menos véndoo!

lunes, 6 de junio de 2011

saída Fontaíña




O pasado luns fomos de excursión á praia Fontaíña. Aprendimos moitas cousas, como que hai unhas prantas que son de cor branca para estar máis fresquiñas ó sol, cántos animaliños hai nas rochas e na auga, por que a area é branca... pero mellor que o vexades!