Esta semana rematamos un conto que levamos facendo unhas semanas ca profe Noela. Primeiro tivemos que elexir a temática, que foi o medo (a preferida pola maioría), despois os personaxes que queriamos ser e finalmente o argumento. Fixemos varias páxinas, todas elas acompañadas dun debuxo feito por nós. Mirade:
Grazas profe Noela!
viernes, 3 de junio de 2011
jueves, 26 de mayo de 2011
A nova mascota de Soraia
Hoxe Soraia trouxonos unha nova: ten unha mascota! fixo unha foto con ela para ensinárnola a todos, e viña acompañada dunha pequeniña explicación sobre a mascota en cuestión. Trátase dunha ninfa, de 5 semanas, á cal aínda teñen que dar un alimento especial, como a papilla que comemos cando somos peques! Aínda non tiña nome, e Soraia propúxonos facer como con David, unha votación entre todos. Finalmente, o que máis lle gustou entre todos os que saíron foi Punky, entón así se chamará. (Á profe ocurríuselle pola cresta que ten,jajaja). Deixamos a foto na clase, e Soraia prometeunos irnos contando cómo vai... Moitas grazas Sori!
miércoles, 25 de mayo de 2011
Relaxámonos con mandalas...
Hoxe fixemos unha sesión de relaxación. Para iso, puxemos unha luz tenue, música da natureza, incienso e a profe deunos a cada un de nós un mandala para colorear. Son chulísimos! son uns debuxos circulares, cheos de cor, que hai que colorear igual que o modelo. Ó pouco de comezar xa estabamos moi tranquiliños, non se oía máis que o piar do noso paxariño! qué gusto! foi un momento cheo de sensacións, auditivas, visuais, olfativas... A relaxarse!
domingo, 22 de mayo de 2011
Unha de imaxinación!
O venres Soraia contounos que a tarde anterior, cando foi ó parque, súa nai lle fixo un difrace. A verdade é que non estabamos moi convencidos, entón ela ensinounolo.
A que lle quedou moi chuli? e o máis importante é que o fixo con material de refugallo, ese que sempre pensamos que non serve para nada! Grazas familias por fomentar a imaxinación dos vosos fillos/as!
A que lle quedou moi chuli? e o máis importante é que o fixo con material de refugallo, ese que sempre pensamos que non serve para nada! Grazas familias por fomentar a imaxinación dos vosos fillos/as!
Poñémonos festivaleiros!
André contounos moitas cousas do Festival de Eurovisión. Que non gañamos, aínda que Lucía o fixo moi ben, que había moitos participantes (uns cuns sombreiros moi raros), que nós non podiamos votar ó noso país...como vedes, estivo moi atento e contounos polo miúdo cómo trascurriu dito festival. Ademais, díxonos que se sabía case toda a canción, e como moitos de nós tamén, quixemos cantala e pedímoslle á profe que nos puxera no blog! disfrutádea!
sábado, 21 de mayo de 2011
Soraia e a súa "oruga"
Soraia trouxonos un pequeno animaliño, como dixo ela, unha oruga. Estivemos falando sobre cómo a atopou, qué come, qué vai facer con ela...parece ser que se lle poden facer recreos...jajaj. Mirade, mirade...
miércoles, 18 de mayo de 2011
saída 18 de maio
Hoxe tivemos unha saída dobre: fomos ver unha exposición de autores galegos e despois asistimos a unha obra de teatro, "Guyi-Guyi". Mirade qué ben o pasamos...
martes, 17 de mayo de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







