jueves, 26 de mayo de 2011

A nova mascota de Soraia

Hoxe Soraia trouxonos unha nova: ten unha mascota! fixo unha foto con ela para ensinárnola a todos, e viña acompañada dunha pequeniña explicación sobre a mascota en cuestión. Trátase dunha ninfa, de 5 semanas, á cal aínda teñen que dar un alimento especial, como a papilla que comemos cando somos peques! Aínda non tiña nome, e Soraia propúxonos facer como con David, unha votación entre todos. Finalmente, o que máis lle gustou entre todos os que saíron foi Punky, entón así se chamará. (Á profe ocurríuselle pola cresta que ten,jajaja). Deixamos a foto na clase, e Soraia prometeunos irnos contando cómo vai... Moitas grazas Sori!




No hay comentarios:

Publicar un comentario