lunes, 11 de abril de 2011

Semana do Libro


Esta semana celebramos a Semana do Libro. Con motivo do 75 aniversario do falecemento de Valle Inclán, autor que dá nome ó noso cole, fixemos unha exposición adicada á súa persoa. A Infantil tocounos facer as súas caricaturas. Entre todos os nenos e nenas de Infantil, puxémonos mans á obra e fixemos varias: catro simulando as técnicas de Andy Warhol, outro con plastilina e cola branca e unha terceira con materiais diversos(algodón, periódicos...). Quedounos chulísima! Aquí podedes vela, pero como é mellor facelo en persoa, animámosvos a que vos acerquedes á entrada do cole a vela. Seguro que vos gusta!

O venres imos facer a "Feira do Libro Inrfantil". Por iso precisamos que os nenos/as traian un conto,da súa idade, que teñan na casa e xa leran, para así, ese día, intercambialos e levar outro, dun compañeiro/a, para casa.

E, como non, tamén teremos "Feira do Libro para as familias". O martes pola tarde, e o xoves e venres ás 9:00h e ás 13:50h, estará colocada unha mesa con varios libros, que agardamos sexan do voso interese. Por unha catidade simbólica, poderedes coller os que queirades.

Disfrutádea!

miércoles, 6 de abril de 2011

Falamos doutro xeito!


Fai uns días, viñeron dúas persoas moi especiais, xa que nos ensinaron unha nova forma de comunicarnos, con linguaxe de signos!Contáronnos un conto, pero nesta linguaxe. Ó principio, costounos entender que non podiamos aplaudir do mesmo xeito, xa que o rapaz xordo así non nos entendía, nin podiamos falar coa nosa voz, senón que tiñamos que dirixirnos á rapaza, a intérprete, que era a encargada de transmitirlle o que lle queriamos dicir. Finalmente, ensinounos a dicir nesta nova linguaxe o nome do noso animal favorito. Qué ben o pasamos! Agora só nos queda practicar... Moitas grazas pola vosa visita!

martes, 5 de abril de 2011

Desculpas

Como podedes comprobar, desde hai uns días non puidemos facer novas entradas. Temos varias cousas pendentes para ensinarvos, pero debido a un problemiña técnico estanse a demorar...Pedímosvos desculpas e esperamos solucionalo en breve! Moitas grazas pola vosa paciencia. Saúdos dos pícaros para todos e todas!

martes, 29 de marzo de 2011

Concurso poesía




Como xa sabedes, participamos nun concurso de poesía que se propuxo desde o equipo de biblioteca. Fixemos tres poesías, aunque seleccionamos unha, a nosa preferida. A semana pasada, fíxose a entrega de premios. A nós, só por participar, tamén nos deron uns agasallos: unha diana e uns bombóns, qué bos estaban!


lunes, 21 de marzo de 2011

XA CHEIRA A PRIMAVERA

Como ben sabedes, hoxe comeza a primavera, unha estación moi alegre! Pois ben, o venres, mentres estabamos na asemblea, dímonos conta de que viña un agradable cheiro de fóra. Acercámonos á ventá para comprobar qué era  e pareceunos que tiña que ser herba recén cortada... (deunos unha pista o son do cortacéspedes,jajaja) e decidimos baixar ó patio. Acertamos! era Gonzalo, que estaba cortando o césped!!! qué ben cheira a primavera!!!




jueves, 17 de marzo de 2011

ANDRÉ CONFERENCIANTE



Parece que actividade de facer de conferenciantes causou furor! hoxe foi André quen quixo facer a súa. Falounos sobre os dinosaurios...

miércoles, 16 de marzo de 2011

APRENDEMOS A DAR MASAXES



Neste taller, tamén aprendimos a dar masaxes, algo beneficioso para a relaxación dos músculos que interveñen na fala. Ahora xa sabemos cómo colocar as mans, cómo mover os pulgares...practicade na casa!a algúns de nós saenos realmente ben!