jueves, 8 de marzo de 2018
Chegou a chuvia
Por fin chegou a chuvia!!! e non sabedes como mola!!! regalounos un "río" no areeiro, ó cal lle puxemos nome, o Río de Todos, e tivemos que traballar moi duro, porque quixemos modificar o seu camiño, ademais de que non escapa a auga. Que ben o pasamos!!!
jueves, 22 de febrero de 2018
martes, 20 de febrero de 2018
martes, 6 de febrero de 2018
FACEMOS TRENZAS
Hoxe tratamos de aprender a facer, ni más ni menos que...trenzas!!! que andaremos argallando??? non podemos dicir máis....
CHEGOU O MECO!
Pois sí, como nos últimos anos, esta vez tamén tivemos a visita do noso amigo Meco! o venres, cando rematamos de merendar e íamos para o recreo, atopámonos con que estaba na entrada! qué trampulleiro, foi el quen nos colleu a silla da tranquilidade!
E hoxe, martes, con mandil nos tocou vir!
Xa sabedes, a ser moi mandadiños!!!
E hoxe, martes, con mandil nos tocou vir!
Xa sabedes, a ser moi mandadiños!!!
jueves, 1 de febrero de 2018
DÍA DA PAZ
O martes, día 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz. Fai uns días, chegounos unha carta de Illa Fantasía na que nos propoñían que cada un de nós tiña que traer un lazo cunha mensaxe de paz. Así o fixemos, mirade qué bonitas nos quedaron:
Despois, a actividade consistía en unilos, atalos a unha árbore, e ir xirando ó ritmo da canción "Celebra la vida" que coñecimos nestas semanas:
Despois, a actividade consistía en unilos, atalos a unha árbore, e ir xirando ó ritmo da canción "Celebra la vida" que coñecimos nestas semanas:
VIVA A PAZ!
miércoles, 17 de enero de 2018
jueves, 14 de diciembre de 2017
lunes, 4 de diciembre de 2017
CONOCEMOS A CANTARÍN
Hoxe tivemos unha visita especial na escola, Ava trouxo a súa nova mascota, o canario Cantarín! como sabredes, participamos no Concurso de debuxo da Sociedade Coruñesa de Canaricultura e Ava resultou ser gañadora. Déronlle un trofeo, un diploma, un cómic e o máis importante, un precioso canario ó que chama Cantarín. Nos contou que canta moito, que o teñen que tapar para que durma polas noites, que lle vai pedir ós Reis Magos unha xaula máis ampla...infinidade de cousas. Mirade qué fermoso é:
Por suposto, presentámoslle á nosa mascota, Manchitas, o cal é moi curioso e se acercou moito moito!
Por suposto, presentámoslle á nosa mascota, Manchitas, o cal é moi curioso e se acercou moito moito!
Moitas grazas Ava!
domingo, 3 de diciembre de 2017
XOGAMOS COAS SÍLABAS
Fai uns días fixemos un xogo que nos gusta moito. Consiste en que cada un de nós ten unha letra (neste caso escrita na frente) da cal nos temos que acordar, e bailamos libremente pola aula. Cando para de soar a música, a profe nos di unha sílaba ou unha palabra que temos que formar. Para iso, temos que saber si a nosa letra é necesaria e en caso afirmativo en qué lugar nos temos que colocar. Mirade qué ben o facemos:
jueves, 16 de noviembre de 2017
miércoles, 15 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)