martes, 31 de octubre de 2017

Visítanos Brúxula!!!





Este curso desde Isla Fantasía chegan moitas novidades. Coñecemos a You You Tu, a neta de Brúxula, a cal nos foi contando que unha dragona caeu enriba da escola da Illa e, mentres non se reconstrúe, todos os habitantes da Illa están vivindo na Pagoda China, a casa de Brúxula. Pois ben, hoxe, mentres faciamos a relaxación, apareceu Brúxula en Carnoedo! viña un pouco perdida, e tivemos que axudarlle a atopar "o norte". É tan simpática! tamén nos ensinou a maleta que ten no desván da Pagoda, da cal nos falara You You Tu, e mostrounos varios dos recordos da China que alí ten. Así, nos animou a facer os nosos amuletos, tan necesarios no día de hoxe para vencer o medo! Xa queremos que volvas Brúxula!

No hay comentarios:

Publicar un comentario