jueves, 20 de abril de 2017

A VIAXE DE LUCI

Nestas vacacións Luci tivo a sorte de ir a Tenerife. Antes de que se marchara, pedímoslle que nos trouxera un pouquiño de area de praia de alí, para comprobar si é igual que a nosa, e, por suposto, non se esqueceu!





que negra é! polo visto vén de rocas volcánicas... ademais, contounos que estivo no Loro Parque e tamén no Aqualand, e explicounos qué cousas viu. Contounos que as orcas fixeron aquelo do que falabamos antes de irse de viaxe, salpicar á xente que se poñía cerca, son unhas traviesas...falounos de mil e unha aventuras, debeuno pasar xenial!





fixástesvos? tivo a oportunidade de tocar dous delfíns!! que sorte! pedazo experiencia.

Lucía decidiu deixarnos o libro informativo toda esta semana na nosa biblio, para así aprender cousiñas xuntos. Moitas grazas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario