lunes, 16 de enero de 2017

MIMAMOS A MANCHITAS

Estas vacacións a nosa mascota Manchitas foi á casa de Leo. Sabemos que alí estivo moi moi moi ben coidado, e Leo quixo demostrarnos cómo o temos que tratar.

Primeiro, debemos deixarlle que nos ula, para que nos recoñeza:



Despois, xa podemos collelo, con moita delicadeza:





De seguido, Leo pasoullo a Olalla. Establecimos esta rutina: o que foi encargado o día anterior, colle a Manchitas da súa xaula e llo pasa ó encargado do día, que lle dará todos os mimiños posibles, para que Manchitas siga sendo así de agarimoso.



que contentos estamos con Manchitas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario