martes, 8 de noviembre de 2016

Desapareceu Margen!



Hoxe despois do recreo tivemos unha desagradable sorpresa: o noso amigo Margen, o golfiño, a mascota da biblioteca, non estaba, desaparecera! a explicación veu da man dunha misteriosa carta, procedente de Illa Fantasía. Escribeunos a Bruxa Malauva, avoa de Fortunata, Anafabeta e Tachatodo. Resulta que as súas netas andiveron a facer trasnadas, e colleron as mascotas das bibliotecas dos coles de Sada e Culleredo. Téñenas nunha cova moi oscura e profunda de Illa Fantasía, e non as devolverán ata cumprir un trato: escribir a carta ós demais coles que nos pideu o mago Alfa e atopar as letras que forman a palabra UNICORNIO, posto que tamén as roubaron, as que estaban no letreiro da escola de Illa Fantasía.

Xa sabedes, temos moooooito traballo! menos mal que sabemos que non son malas, senón traviesas, e seguro que estarán coidando moi ben a Margen.

3 comentarios:

  1. Cada dia esta experiencia me gusta más!!!!!! Cómo lo viven!!!!! y no te quiero decir Lucía cómo se enfada aunque este año ya lo lleva mejor porque sabe que son traviesas y no malas. Este año la creación de nuevos personajes le da más emoción y ver evolucionar el proyecto de primera mano es un privilegio

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. esto engancha a que sí? si si, Lucía xa está familiarizada, adiós agobios e medos ó desconocido...e que hai que reconocer que o curso pasado chegaron pisando forte! hai fantasía para rato, mil cousas por descubrir...

      Eliminar
  2. son unhas fedellas! temos unha sorte de coñecelas...brujas traviesas, nada de malas! rompemos moldes totalmente. Pois sí, manos a la obra!

    ResponderEliminar