jueves, 28 de enero de 2016

EMPEZAMOS A SABER COUSIÑAS...


Onte xa comezamos a poñernos mans á obra na nosa investigación. Decidimos comezar cunha familia moi especial, a dos Increíbles, porque son dos que menos material temos, pero moi valioso. Lucía tróuxonos unha explicación de cada un dos membros desta familia (xa non tivemos que buscar nadiña!), así como a súa imaxe. Pola súa parte, Valeria, tamén nos aportou un conto dunha das súas aventuras.



Aprendimos que o papá tivo ó principio problemas para poder loitar contra as inxustizas, pero que agora é moi valorado e apreciado. A mamá ten moita flexibilidade, o fillo é moi veloz...e o pobriño do bebé aínda naide cre que teña poderes!!!Son unha familia moi unida que buscan un mundo mellor. 

Moitas grazas familias!

2 comentarios:

  1. Que maravilla Tania!!! Cuantas cosas muy valiosas se pueden aprender a traves de los heroes y que bien se lo sabes plantear a los niños. Como siempre has acertado��

    ResponderEliminar
  2. GRACIAS ALBA! como sempre, qué palabras tan fermosas...é fácil, moi fácil, atopar a motivación con eles, todo lles apasiona!

    ResponderEliminar