miércoles, 16 de diciembre de 2015

CARPINTEIRO A DOMICILIO!!!

Fai uns días tivemos un pequeno percance, rompimos a cuna dos muñecos!!! puxémonos moi tristes, posto que non tiña fácil arranxo...a profe dixo que tiña que levala para que a arranxaran, pero á nosa compi Lucía ocurriuselle algo mellor, dixo que o seu papá o podía facer, xa que é carpinteiro!!! Por iso, cando acabamos o cole ó mediodía, ela mesma se acordou de levala cuna consigo para ver si o seu papá obraba o milagre. Pois ben, ó día seguinte xa tiñamos de volta na escola a cuna, e arranxada!!! a nova base é igualiña á anterior, non se distingue nada!!!



Moitas grazas papi! eres un artista!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario