jueves, 26 de mayo de 2016

VOLTARON AS BRUXAS!!!

Hoxe, cando estabamos na relaxación, petaron á porta e....sorpresa! era Analfabeta! a moi traviesa, rouboulle o birrete a Tachatodo! claro, ésta pode graduarse, porque estudiou moito, pero Analfabeta aínda non o merece...


Tachatodo explicoulle que só lle quedan ben a quen xa sabe ler...

aproveitando a súa visita, e que nos dixeron que van estar na festa de Illa Fantasía, Lucía ensinoulles o super traballo que fixo coa súa mamá...encantoulles!


Tiñamos pendientes darlles o precioso broche para o pelo que fixemos para elas, e decidimos darllo a Tachatodo, porque Analfabeta ten que estudiar máis

enfadouse un pouquiño, pero é que...nos vedes que non aprendeu nada? tivemos que deixarlle o noso guión polo que estudiamos a obra de teatro para que puidese copiar a palabra "miau", ela poñía "piau"!!!


VÉMONOS NA FESTA AMIGAS!


lunes, 23 de mayo de 2016

Os dinosaurios de Kevin





Hoxe Kevin trouxonos un pendrive con fotos e videos da súa visita á exposición de dinosaurios que houbo recentemente na Coruña. Deunos unha explicación detallada, cántas especies coñece! o seu é verdadeira paixón, está feito un especialista.



Aquí tedes unha pequena mostra. Moitas grazas Kevin!

Restamos

Sumamos

martes, 10 de mayo de 2016

SOMOS DESEÑADORES

Na última visita das bruxas, deixáronnos un encargo moi especial: pedíronnos que tiñamos que facer un broche/lazo para a cabeza moi moi moi bonito...puxémonos mans á obra e decidimos poñerlle todos aqueles materiais "chulos" que temos na escola: diferentes tipos de papel, lazos brillantes, pegatinas, ata un cascabel! cando o vexan van quedar abraiadas...



RETO CONSEGUIDO!

E por fin...rematamos a nosa capa de superheroes!!!! despois de moitas semanas rulando polas nosas casas, a nosa supercapa é xa unha realidade. Foi un traballo arduo, no cal colaboraron todas as familias, poñendo o seu gran de area cosendo o pedazo de tea e elaborando un "diario" cheo de amor. Estamos seguros que nos vai dar moita forza!