jueves, 28 de enero de 2016

batcueva





Este días andamos moi atarefados con algo que nos ten moi moi entusiasmados, unha batcueva! aprendimos que Batman argallaba todos os seus plans nunha batcueva que tiña agochada, e nós tamén queremos a nosa! pero trátase dun traballo moi laborioso, que nos vai levar varios días...

EMPEZAMOS A SABER COUSIÑAS...


Onte xa comezamos a poñernos mans á obra na nosa investigación. Decidimos comezar cunha familia moi especial, a dos Increíbles, porque son dos que menos material temos, pero moi valioso. Lucía tróuxonos unha explicación de cada un dos membros desta familia (xa non tivemos que buscar nadiña!), así como a súa imaxe. Pola súa parte, Valeria, tamén nos aportou un conto dunha das súas aventuras.



Aprendimos que o papá tivo ó principio problemas para poder loitar contra as inxustizas, pero que agora é moi valorado e apreciado. A mamá ten moita flexibilidade, o fillo é moi veloz...e o pobriño do bebé aínda naide cre que teña poderes!!!Son unha familia moi unida que buscan un mundo mellor. 

Moitas grazas familias!

OS SUPERHEROES DE VALERIA


Valeria tamén quixo colaborar coa nosa investigación sobre os superheroes. Trouxonos uns cómics e tamén un pen...que terá que terá....????puxémolo e era unha peli dunha barbie heroína!!!como é unha peli das de verdade, das longas, estámola vendo a ratiños...


Moitas grazas Valeria!!!

lunes, 25 de enero de 2016

O NOSO RECUNCHO DOS SUPERHEROES VAISE ENCHENDO

Tan só levamos uns días recompilando materiais dos superheroes e xa temos unha morea deles!!! aínda nin nos deu tempo a empezar a estudialos...estamos seguros que imos aprender moitas cousas.


Moitas grazas familias!!!

xogamos coas nubes





Aquí nos tedes, nun momento de xogo libre, no recreo, xogando coas nubes. Pode existir xogo máis antigo ca éste???encántame!!!viva a imaxinación infantil.

jueves, 21 de enero de 2016

OS SUPERHEROES DE OLALLA

Olalla foi moi rápida, e xa nos trouxo material dos Superheroes!!! en concreto, dous bonecos, un Batman e un Spiderman, ademais de imaxes de estos dous personaxes máis tamén de Batman.

Estivemos falando sobre eles, sobre o qué sabemos: que teñen capa, que voan, que lanzan tela de araña para escalar...e empezamos a sacar ideas: pelexan ou loitan pola paz??? xa temos moi claro que o segundo, pero aínda temos moito que investigar...



Sabíannos a pouco!todos os queriamos tocar!!! moitas grazas á familia de Olalla pola súa colaboración!!!

QUEREMOS SABER MÁIS...DOS SUPERHEROES!!!

Si no primeiro trimestre estivemos traballando as emocións a través do monstruo das cores, neste trimestre non queremos deixalas de lado. Ben dito, as emocións están pegadiñas a nós sempre, e por iso, decidimos seguirlles dando un lugar importante en Carnoedo. Pero agora que xa as temos máis controladas, ímolas traballar da man duns amigos que todos coñeceredes, OS SUPERHEROES!!! sí sí, Spiderman, Batman, Superman, as Supernenas...hai moitos!!!xa que, ditos personaxes, son uns perfectos transmisores de emocións, así como de valores tales como a valentía, bondade, etc... todos loitan pola paz e a xustiza!!!

Por iso, pedímoslle axuda ós nosos papás e mamás. Nos próximos días, irannos traendo todo aquelo que se lles ocorra relacionado cos Superheroes: imaxes, contos, videos, muñecos, xogos...todo é válido e todo nos servirá de gran axuda!



Arrancamos!!!