jueves, 26 de febrero de 2015
LEVAMOS A ARTE NO CORPO
Hoxe decidimos explorar as nosas habilidades como artistas que somos. Combinamos dúas das cousas que máis nos gustan, o baile e a pintura, para así facer unha actividade de expresión corporal en toda regla. Imos gardar a nosa obra de arte, porque en calquer momento nos chaman dalgún museo para levala!!! que ben o pasamos... Pero, tamén temos que dicir, que o momento de despois, cando as profes nos deixaron tumbar no chan e poñer os pés no radiador, non tivo desperdicio! qué gustiño!!! pequenos placeres da vida
lunes, 23 de febrero de 2015
RECIBIMOS UN DOCE REGALIÑO
Hoxe cando chegamos ó cole recibimos un regalo moi doce, un montón de rosquillas de entroido! trouxonolas Caínzo, o encargado de obras que nos puxo o cole tan bonito. Aproveitamos para probalas na hora da merenda, xunto coa tarta de Ainhoa. Estaban boísimas!!!
MOITAS GRAZAS!!!
jueves, 19 de febrero de 2015
jueves, 12 de febrero de 2015
JAVIER FOI VER A NEVE
O noso compi Javier, contounos fai uns días que fora ver a neve. E tivo que chegar ata Lugo para poder vela!!! (pero non se atopou cos papás da profe,ajajaj). Como todos queriamos vela, a súa mamá enviounos unhas fotiños dese día.
fixádevos nesta última foto, parece que Javier voa! estívonos contando que fixeron un boneco de neve, que tiña os pantalóns mollados porque a neve é auga conxelada, que se deitou nela...sen dúbida foi unha tarde moi divertida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)