miércoles, 26 de noviembre de 2014

TRABALLAMOS CON ROSA CARAMELO





Onte, 25 de novembro, axudámonos do conto de "Rosa Caramelo" para traballar o día contra a violencia de xénero. Sen máis, son estupendos! ojalá a súa inocencia se espallase por todo o mundo!

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Á RICA VITAMINA!!!

Xa temos o noso recuncho dos froitos do outono!!! Estos días, témolos na clase, e estamos aprendendo que hai dúas clases, frutos secos (que non teñen zumo) e frutos carnosos (que sí o teñen). Estamos vendo que son moi distintos entre sí, que teñen diferentes formas, texturas, cores...ai que ver qué sabia é a natureza, fai ela soíña estas cousas tan bonitas!!! pouco a pouco imos aprender moitas cousas, e, a finais de semana...degustarémolas! ummmmmm













Moitas grazas familias!

miércoles, 29 de octubre de 2014

A CESPIÑO XA LLE MEDRA O PELO!!!



Lembrades a cespiño, o regalo da familia de Adri? se ve que o estamos a coidar moi moi ben, porque...xa lle está a medrar o pelo!!! menuda alegría levamos cando o vimos...xa estamos desexando empezar a cortarlle o pelo, pero aínda debemos agardar un chisco máis...


CÓMO NOS GUSTAN AS PIZARRIÑAS!



Como vedes, seguimos a utilizar as nosas pizarriñas. Facemos debuxos, escribimos, copiamos...unhas das cousas que máis nos gustan é escribir os nomes dos amigos/as. Neste caso, Miguel fixo a lista de varios dos compis, mirade qué chula lle quedou:



Non vexades o traballo que hai detrás! fenomenal!