martes, 22 de mayo de 2012
lunes, 21 de mayo de 2012
Trasplantamos
As nosas prantas xa non podían seguir moito tempo nos seus tarriños, porque co ben que as coidamos medraron tanto que xa non cabían! polo tanto, tivemos que trasplantalas. Así, poidemos ver cómo son as raíces, cómo medran, e cánto medraron! Mirade:
domingo, 20 de mayo de 2012
E seguimos a ser noticia!
Como podedes ver, o noso gran premio aínda non está esquecido! esta vez, fomos noticia no Mariñán!
Moitas grazas á mamá de Candela por estar tan atenta ós nosos pasos!
martes, 15 de mayo de 2012
O noso conto viaxeiro
Como ben sabedes, o noso conto viaxeiro xa ten un final! desde hoxe témolo colocado na entrada do cole, para que todos os que queirades levalo a casa uns días o poidades facer. Só tedes que apuntarvos na folla de préstamo e listo! a disfrutalo!
lunes, 14 de mayo de 2012
Seguimos a ser noticia!
Como podedes ver na páxina do Concello de Sada, seguimos a facernos famosos!
visita Bob. (pincha aquí)
visita Bob. (pincha aquí)
O conto viaxeiro
Xa rematamos o conto viaxeiro! Entre todos, contámosvos a historia moi resumidiña, pero se queredes velo, desde mañá vai estar á vosa disposición a modo de préstamo. Colocarémolo na entrada, acompañado dunha ficha de préstamo. Simplemente tedes que cubrila e xa podedes levalo uns días para casa! procurade non tardar moito, para que todo o mundo que queira o poida levar.
jueves, 10 de mayo de 2012
Relaxámonos
Cando voltamos do recreo, sempre facemos a relaxación antes de poñernos a traballar: escoitamos música relaxante, facemos o xogo da lingua (praxias bucofonatorias) e relaxamos o corpo. Pois ben, hoxe fomos máis alá, e convertímonos en masaxistas. Fixemos o tren dos masaxes, mirade mirade:
Non sabedes o agustiño que quedamos! así sí que se traballa ben! xa houbo quen quería que formase parte da relaxación diaria...
miércoles, 9 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
