Como podedes ver na páxina web de nickelodeon, xa é oficial que somos os gañadores...todos os días pensamos en cánto tempo falta para coñecer a Bob...ai! que nervios!
http://www.ayudaatumundo.es/
ganadores
jueves, 26 de abril de 2012
Imos ó teatro!
Lembrade que mañá imos ver a obra de teatro en inglés Pinocchio, da man da compañía Recursos, "Haz Teatring". Por iso, debemos traer bocadillo (e non galletas e chocolate). O horario de cole será o de sempre, xa que iremos polo medio da mañá.
miércoles, 25 de abril de 2012
Decoración primaveral
Queredes vernos coas mans na masa? así fixemos os murales tan chulos para as ventás...
lunes, 23 de abril de 2012
Prantamos cabazas e xirasoles
Aquí podedes ver qué ben se nos dá a prantación!. Estamos encantados co resultado, e fainos moita ilusión coidalas todos os días!
Moitas grazas á familia de Candela por aportarnos as semillas e os tarriños!
domingo, 22 de abril de 2012
Candela foi á feria de Abril!
Tal e como nos anunciou o viernes, Candela aproveitou esta fin de semana para ir a unha feria de Abril "á sadense",jajaaj. Así de guapa iba! seguro que mañá nos conta moitísimas novedades e cousas interesantes que aprendeu!
martes, 17 de abril de 2012
Noticias frescas!
Xa nos chamou Bob! deunos a noraboa, e díxonos que, en principio, se non hai cambios, vén o venres 11 de maio!!!. ten que vir desde Madrid, entón mirará a ver qué voo lle convén máis, e despois nos confirmará a visita. Seguimos sen crelo! temos que prepararlle unhas pancartas ben chulas para recibilo...que emoción!!!! e vai traer con el moitas sorpresas....
SOMOS OS GAÑADORES!!!
Onte recibimos un notición!!!! somos os gañadores do primeiro premio do concurso de nickelodeon!!!! nos sabedes a alegría que levamos, estamos que non o cremos!
Como xa sabedes, como premio vai vir ó noso cole Bob Esponja de visita!!! ademais de traernos unha placa conmemorativa e uns regaliños...
Por cousas como ésta, é polas que merece a pena o noso traballo e esforzo!!! dámoslle moitísimas grazas á organización. Agora só queda agardar a chamada de Bob, para que nos diga qué día vén.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



