miércoles, 22 de junio de 2011

FELIZ VERÁN!!!

Deséxovos a todos que pasedes unhas vacacións estupendas!

Ata sempre!

as profes tamén aprenden...



Non pensedes que as profes non aprenden! sí que o fan! e moito! eu, nesta etapa da miña vida, aprendín moito, pero a verdade é que tiven moi bos mestres e mestras...Grazas a Iago, Gabi, Marcos, Valentín, Máximo, Soraia, Sabela, Joel, André e Ainhoa.

Festa final

E, como non podía ser doutra maneira, rematamos o curso cunha merendola das nosas! todo estaba riquísimo, ata se achegaron os profes Tina, Tere e Roberto a probar da boa pinta que tiña todo!



premio lectores



Ó longo de todo o curso, estivemos indo a un sitio moi especial coa profe Tere...á casa dos libros, a biblioteca! Alí, tiñamos que entrar moi caladiños, porque os libros están durmindo, e podíamos levar un cada semana. Grazas a esta sinxela actividade de animación á lectura, coñecimos o apaixoante mundo máxico dos libros, aprendimos a querelos, a vivir as historias que nos contan nas súas páxinas. Moitas grazas profe Tere!

quérovos!



A cousa máis grande que me levo de Vigo, o cariño dos meus pícaros! GRAZAS!!!!

graduación




Hoxe foi un día moi importante, xa que despedimos ós maiores, ós de libro azul, como dicimos nós. O curso que vén xa estarán en primaria, polo que fixemos a graduación en infantil, con birrete incluído! Estou segura que van vivir moitas novas experiencias! Parabéns!

martes, 21 de junio de 2011

resumo do curso



Como estos días ando preparando o dvd coas fotos de todo o curso, pareceume boa idea facer un video resumo deste curso, un curso cheo de emocións, que xa remata mañá. Foi un curso que remato moi contenta, lévome a todos os meus pícaros metidiños no meu corazón, e de seguro que non me esquencerei deles!!! Mañá cargareime dos seus biquiños e abrazos....