Deséxovos a todos que pasedes unhas vacacións estupendas!
Ata sempre!
miércoles, 22 de junio de 2011
as profes tamén aprenden...
Non pensedes que as profes non aprenden! sí que o fan! e moito! eu, nesta etapa da miña vida, aprendín moito, pero a verdade é que tiven moi bos mestres e mestras...Grazas a Iago, Gabi, Marcos, Valentín, Máximo, Soraia, Sabela, Joel, André e Ainhoa.
Festa final
E, como non podía ser doutra maneira, rematamos o curso cunha merendola das nosas! todo estaba riquísimo, ata se achegaron os profes Tina, Tere e Roberto a probar da boa pinta que tiña todo!
premio lectores
Ó longo de todo o curso, estivemos indo a un sitio moi especial coa profe Tere...á casa dos libros, a biblioteca! Alí, tiñamos que entrar moi caladiños, porque os libros están durmindo, e podíamos levar un cada semana. Grazas a esta sinxela actividade de animación á lectura, coñecimos o apaixoante mundo máxico dos libros, aprendimos a querelos, a vivir as historias que nos contan nas súas páxinas. Moitas grazas profe Tere!
graduación
Hoxe foi un día moi importante, xa que despedimos ós maiores, ós de libro azul, como dicimos nós. O curso que vén xa estarán en primaria, polo que fixemos a graduación en infantil, con birrete incluído! Estou segura que van vivir moitas novas experiencias! Parabéns!
martes, 21 de junio de 2011
resumo do curso
Como estos días ando preparando o dvd coas fotos de todo o curso, pareceume boa idea facer un video resumo deste curso, un curso cheo de emocións, que xa remata mañá. Foi un curso que remato moi contenta, lévome a todos os meus pícaros metidiños no meu corazón, e de seguro que non me esquencerei deles!!! Mañá cargareime dos seus biquiños e abrazos....
Viñeron os títeres!
Hoxe, como xa é casi o último día, foi unha xornada especial. Tivemos a actuación duns títeres! Pasámolo xenial, aunque tamén nos deron algún susto, proba delo son estas fotos...fómonos ca intriga de se clarineta sabía falar, e de si o cazador dos contos era un mago, pero foi superdivertido!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)