miércoles, 30 de marzo de 2011
Bebes gemelos conversando - Traducido
A que se lles entende perfectamente? a linguaxe infantil é así!
martes, 29 de marzo de 2011
Concurso poesía
Como xa sabedes, participamos nun concurso de poesía que se propuxo desde o equipo de biblioteca. Fixemos tres poesías, aunque seleccionamos unha, a nosa preferida. A semana pasada, fíxose a entrega de premios. A nós, só por participar, tamén nos deron uns agasallos: unha diana e uns bombóns, qué bos estaban!
lunes, 21 de marzo de 2011
XA CHEIRA A PRIMAVERA
Como ben sabedes, hoxe comeza a primavera, unha estación moi alegre! Pois ben, o venres, mentres estabamos na asemblea, dímonos conta de que viña un agradable cheiro de fóra. Acercámonos á ventá para comprobar qué era e pareceunos que tiña que ser herba recén cortada... (deunos unha pista o son do cortacéspedes,jajaja) e decidimos baixar ó patio. Acertamos! era Gonzalo, que estaba cortando o césped!!! qué ben cheira a primavera!!!
jueves, 17 de marzo de 2011
ANDRÉ CONFERENCIANTE
Parece que actividade de facer de conferenciantes causou furor! hoxe foi André quen quixo facer a súa. Falounos sobre os dinosaurios...
miércoles, 16 de marzo de 2011
APRENDEMOS A DAR MASAXES
Neste taller, tamén aprendimos a dar masaxes, algo beneficioso para a relaxación dos músculos que interveñen na fala. Ahora xa sabemos cómo colocar as mans, cómo mover os pulgares...practicade na casa!a algúns de nós saenos realmente ben!
RELAXACIÓN MÁXIMO
O barquiño de Máximo parece que non quería navegar...de seguro que despois de practicar un pouquiño máis o consegue!
RELAXACIÓN JOEL
Esta semana fixemos un pequeno taller de relaxación coa profe Noela. Aprendimos que é moi importante saber "respirar coa barriga" para non cansarnos ó falar. Joel fíxoo estupendamente!
martes, 15 de marzo de 2011
ROSALÍA CONTESTOUNOS!
Como xa sabedes, hai uns día enviámoslle a Rosalía unha carta cunha pinza súa do pelo que perdeu no patio do cole (e atopamos) e cuns debuxos para que nos recorde. Pois ben, hoxe chegounos unha carta de resposta! qué emoción! e qué contentos nos puxemos! enviounos un debuxo, cunha dedicatoria a cada un, e contounos que está ben, que o seu irmán xa está moi grandiño... Agradecémoslle moito que nos contestase. Aquí tedes unhas fotiños do momento...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


