lunes, 13 de marzo de 2017
Sopa de letras 1
Hoxe de novo xogamos coas letras. Cando a música paraba, tiñamos que escribir unha letra, só unha! así cada vez que non había música. Pouco a pouco, ibamos quedando sin ideas...e enchendo o papel! e non valía repetir, por suposto. De seguido, había unha segunda parte do xogo...
jueves, 2 de marzo de 2017
SORPRESA SORPRESÓN! ELA REGRESA ACOMPAÑADA!
Hoxe tivemos unha sorpresa na escola. Chegou unha carta misteriosa! rapidamente pensamos en Illa Fantasía, e...sí, pero non. Lembrades que Lucía tiña unha amiga, unha fada protectora que marchou fai uns días? sospeitabamos que algo bonito andaba a argallar, pero non tiñamos nin idea...pois ben, hoxe saímos de dúbidas.
Ó ver que os amigos de Lucía tamén querían ter amigos protectores, Ela colleu camiño cara Illa Fantasía para ir a buscalos! agora, incluída a profe, todos temos as nosas fadas e cabalos protectores! mil gracias Ela! eres un sol.
FESTA DO ENTROIDO
O pasado venres desfrutamos da nosa festa do entroido. Despois de moitos días de traballo, puidemos lucir os nosos disfraces!
despois...a comer! degustamos produtos típicos do entroido que as familias trouxeron, e, como non, a tarta de queixo que fixemos nós mesmos o día anterior. Probástela todos?
VIVA O ENTROIDO!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)