jueves, 10 de noviembre de 2016
miércoles, 9 de noviembre de 2016
qué será qué será
Hoxe chegounos unha caixa que arrecendía moi ben...viña do cole de Mondego, que andaban de magostos...que traerá dentro? axiña o adiviñamos!
martes, 8 de noviembre de 2016
A MISTERIOSA CARTA
Aquí tedes a misteriosa carta que chegou hoxe á escola, a carta da Bruxa Malauva...mira que nos dan sustos! menos mal que somos moi amigos, porque son divertidas a rabiar! ahora temos moito traballo por diante, pero nós o conseguiremos!
Desapareceu Margen!
Hoxe despois do recreo tivemos unha desagradable sorpresa: o noso amigo Margen, o golfiño, a mascota da biblioteca, non estaba, desaparecera! a explicación veu da man dunha misteriosa carta, procedente de Illa Fantasía. Escribeunos a Bruxa Malauva, avoa de Fortunata, Anafabeta e Tachatodo. Resulta que as súas netas andiveron a facer trasnadas, e colleron as mascotas das bibliotecas dos coles de Sada e Culleredo. Téñenas nunha cova moi oscura e profunda de Illa Fantasía, e non as devolverán ata cumprir un trato: escribir a carta ós demais coles que nos pideu o mago Alfa e atopar as letras que forman a palabra UNICORNIO, posto que tamén as roubaron, as que estaban no letreiro da escola de Illa Fantasía.
Xa sabedes, temos moooooito traballo! menos mal que sabemos que non son malas, senón traviesas, e seguro que estarán coidando moi ben a Margen.
lunes, 7 de noviembre de 2016
TENEMOS CHICA NUEVA EN LA OFICINA!!!
Hoxe cando chegamos ó cole tivemos unha sorpresa, unha profe nova!!! chámase Laura, está estudiando para ser profe, e ó igual que Loli e Martín vén facer as prácticas á nosa escola. Coma sempre, nós recibímola moi contentos, encántanos que veñan! Hoxe foi un día para coñecernos, ensinarlle cómo funciona a nosa escola e pouco máis, pero temos mooooitos días por diante para aprender xuntos.
Moitas grazas Laura por escollernos!
Ainhoa proba Next
Por fin chegou o robot, Next! despois de moita espera, a semana pasada puidemos coñecelo e empezar a xogar con él. Aquí tedes a proba, a primeira proba!trátase dun fantástico recurso para fomentar a resolución de problemas, así como o traballo da direccionalidade. Faremos grandes cousas xuntos.
gata de Amelia
O outro día, no recreo, estando no areeiro, tivemos unha visita. Unha das nenas que estaba a xogar era Amelia, e debeu ser que a gatiña da súa tía a escoitou, e se acercou a saludar! mirade qué mimosa é...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)