miércoles, 19 de octubre de 2016

cocorico 3

cocorico 2

cocorico 1





Estos vídeos son de xa fai tres semanas. Daquela, lemos o conto de Cocorico, e tanto nos gustou, que tiñamos que sacarlle algún proveito. E, como bos pitiños, a saltar nos puxemos, pero cos pés pintados de amarelo para pintar dous Cocoricos grandotes!mirade cómo disfrutamos!

miércoles, 21 de septiembre de 2016

ÁRBOL MUSICAL





Como disfrutamos da nosa árbore! e mostrándolla á nosa nova amiga Amelia máis, creo que a ela tamén lle gusta moito...

PICAMOS?

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA

Pois sí, máis vale tarde que nunca, porque a nosa volta ó cole tivo sorpresa...a horta deu os seus froitos! como lembraredes, prantaramos moi tarde, debido ó mal tempo que facía, e entre eso e algún que outro accidente, non tiveramos sorte de ter colleita. Pero todo chega! a pasada semana puidemos levar para as nosas casas tomatiños cherry e algún que outro pemento. Unha proba moi pequeniña, pero unha proba moi grande de que as cousas, se se fan con interese, sempre saen! e eso que deixamos a horta soliña todo o verán..que agradecida foi!











Estes produtos sí que están ricos ricos!

INICIAMOS O CURSO 2016/17!!!

Boas de novo!

Xa fai uns días que voltamos ó cole. Tiñamos moitas ganas de vernos, de xogar, de traballar, en definitiva, de voltar á nosa vida!

Queremos ensinarvos un pequeno cambio do noso recuncho da biblioteca. Co ánimo de converterse nun lugar que invite á relaxación precisa para a lectura, fixémoslle unha pequena renovación, ten un dosel! non vexades o que nos gusta estar alí dentro...eso sí, cumplindo a premisa especial da lectura, a tranquilidade.