domingo, 8 de mayo de 2016
EXPERIMENTAMOS COA AUGA
Esta semana, aproveitando que fixo moi bo tempo, traballamos a experimentación coa auga. Como ben sabedes, ós nenos/as gústanos moito a auga, e eso de poder levala á aula para xogar chíflanos. Pois ben, vimos propiedades como a flotabilidade dos obxectos, que hai algúns que se desfán nela e outros que non...
a profe toleou! deixounos meter na auga pezas das construccións...
e probamos cáles son os "puntos de refrescamento" do noso corpo, ahora que se achega o calor...
e de repente, cando estabamos coas nosas experimentacións...alguén nos interrumpe!
logo empezamos a elucubrar...será o Búho Beto? será un amigo del???
martes, 3 de mayo de 2016
INCIDENTE NA HORTA
Hoxe cando saímos ó patio para ir regar, atopámonos cunha desagradable sorpresa, alguén destrozou parte da nosa plantación. Por sorte, as prantas afectadas "solo" foron arrancadas, polo que tratamos de volver prantalas. Non entendemos cómo ano tras ano sempre nos levamos este disgusto. Non entendemos a quén lle pode facer gracia destrozar o traballo dos demais, e destrozar un ser vivo, como nós estamos aprendendo que son as prantas. De seguro é alguén que non foi educado no respeto cara o medio ambiente, e desexamos que haxa moitos máis nenos e nenas que, coma nós, están aprendendo que un mundo mellor é posible.
Seguiremos loitando por sacar a diante a nosa prantación!!!
Por certo, moitas grazas ós papás de Adrián por traernos estos froitos tan estupendos!!!
O erro de Analfabeta
Aquí a tedes. Polo visto, confundiu as froitas que nacen nas palmeiras coas que non, e botou no conxuro as que non debía! así secou a árbore....
Analfabeta segue sen ler
O xoves viñeron de visita as nosas amigas Tachatodo e Analfabeta. Ésta, novamente, volveuna armar. Resulta que como non sabe ler ben, confundiuse nun conxuro e secou o Árbol Sagrado!!! Coma sempre, nós tratamos de axudarlle nesta nova argallada...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)