jueves, 14 de abril de 2016
CONXURO SHANA
Así de ben nos sabiamos o conxuro que nos dixo o Mago Alfa para axudarlles a rescatar o arcoiris.
COÑECEMOS A FORTUNATA
Hoxe de novo tivemos visita na escola, viñeron as nosas amigas as bruxas, pero esta vez, Analfabeta veu acompañada de Fortunata, porque...sabedes que? Tachatodo está castigada! sí sí... estivo a facer das súas e mandárona castigada para unha biblioteca. Analfabeta dixo que eso era un lugar moi moi feo, pero Fortunata, en cambio, pensa que non, que é bonito e donde se pasa ben lendo contos. Ahí dímonos conta de que ela sí que sabe ler.
Cando chegaron, fixámonos que traían un obxecto que nos sona...serve para facer conxuros! mirade:
E nos explicaron un xogo. Mediante unhas adiviñas, tiñamos que ir coloreando os lunares do debuxo:
Cando chegaron, fixámonos que traían un obxecto que nos sona...serve para facer conxuros! mirade:
E nos explicaron un xogo. Mediante unhas adiviñas, tiñamos que ir coloreando os lunares do debuxo:
Pero...resulta que non nos deron a solución para os dous últimos lunares, senón unha nova adiviña, e se non acertamos, non poderemos salvar o arcoiris da Illa Fantasía. Deixáronnos o material no cole, e agora temos que solucionalo! seguro que o conseguimos:
A todo esto, mentres nos daban as adiviñas para ir lendo, por equivocación deunos un conxuro para acabar coa escola da Illa! menos mal que a profe lla quitou e despois a rompimos....eso non se pode facer!:
E...sabedes que? Analfabeta pensaba que a ela sempre lle poñían "BIEN" nas fichas, pero en realidade poñíanlle "MAL" ( foi o que ela escribiu no encerado). Coma sempre, nós axudámoslle a saber cómo se pon:
ATA A PRÓXIMA AMIGAS!
HABEMUS BATCUEVA!
E por fin, despois de moooooito tempo preparándoa, a nosa batcueva está rematada! un dos pasos que máis nos gustaron foi o de arrugar, sí sí! puidemos cansarnos de arrugar o papel, eso que nunca se pode facer! pois esta vez sí:
Despois, pouco a pouco, así nos foi quedando:
Despois, pouco a pouco, así nos foi quedando:
gran traballo! agora toca meterse para tramar os nosos plans, como fai Batman, ou simplemente para disfrutar!
lunes, 11 de abril de 2016
jueves, 7 de abril de 2016
miércoles, 6 de abril de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)