lunes, 11 de enero de 2016
jueves, 7 de enero de 2016
Aprendemos a coidar a Sofía
Non podiamos desaproveitar a visita de Sofía para aprender algo novo. Como hoxe chovía moito, de camiño para a escola mollouselle o papel que ten para non machar a xaula, entón decidimos mudarllo entre todos. Foi un traballo colaborativo en toda regra!
Grazas Sofía por vir a coñecernos! vas a ser moi feliz coa familia de Lucía!!!
Sofía, a mascota de Lucía
Lembrades o concurso de debuxo da asociación de canaricultura? pois ben, a nosa compi Lucía resultou ser gañadora, e o premio foi...un canario!!! (ademais de un conto, un trofeo e un diploma, case nada!). Hoxe trouxonos a Sofía, que así se chama, para presentárnola. portouse xenial!!!
Árbore musical
Pois aquí temos o misterioso agasallo! é unha árbore musical!!! a profe nos dixo que veu desde moi lonxe, que nas tendas de xoguetes que ela coñece non os hai. Estamos moi contentos, sona precioso...
OS REIS PASARON POR CARNOEDO!!!
Hoxe xa levabamos un cachiño no cole cando de repente démonos conta que debaixo da árbore de nadal había un agasallo, qué emoción!
Qué será....
Qué será....
PREPARÁMONOS PARA ACTUAR
Os minutos antes dunha actuación sempre son momentos de nervios, e nós aproveitamos para relaxarnos facendo unhas fotiños de recordo. O noso vestiario o merecía, mirade que guapísimos estabamos:
HASTA SEMPRE MARTÍN!!!
O último día de cole antes do Nadal foi un día cheo de emocións, xa que, ademais de ser un día especial pola visita dos reis magos, tivemos que despedirnos de Martín, o profe de prácticas. Como non podía ser doutra maneira, tivemos con el uns pequenos detalliños, para agradecerlle todo o que nos axudou, tantos abrazos que nos deu, tantos mimos, tantos aprendizaxes...
Moitísimas grazas por todo Martín! esto non é unha despedida, senón un ata logo!!! en Carnoedo tes a túa casa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)