martes, 3 de noviembre de 2015

COLLAR DE ZONCHOS

O xoves tivemos unha sorpresa!!! Mario trouxonos uns zonchos, que fixera Maru para compartir con nós.

Que ilusión nos fixo! aprendimos que se trata dun costume galego, xa case esquecido, no cal os nenos/as facían ese tipo de collar e despois iban comendo as castañas. Que bonito!
Moitas grazas familia!!!

SAMAÍN 2015

PI, PI, PI, A BRUXA XA ESTÁ AQUI!

miércoles, 28 de octubre de 2015

O MEDO NA ARTE

Estes últimos días estamos aprendendo moitas cousas sobre o medo. Sabiades que algúns pintores famosos dedicaron algunha das súas obras a esta temática? este é o caso de Caravaggio, un artista italiano, o cal creou a "Medusa de Caravaggio". Era moi moi malvada, tiña serpes velenosas na cabeza! e cada vez que fixaba a súa mirada en alguén, conseguía convertelo en estatua de pedra, por iso que todos lle escapaban.
Foi unha obra que nos chamou moito a atención, e como nós non lle temos medo, decidimos sacarlle moito partido e...fixemos unha na escola! tivemos que traballar moito, facendo un montón de serpes velenosas: primeiro pintar, despois recortar...de seguido, a profe trouxo un gorro dos que regalan nos hoteis, para poñer na cabeza cando nos bañamos, e lle puxemos as serpes. Xa estabamos listos para converternos na Medusa de Caravaggio! xa que ela petrificaba a todo aquel que a miraba, aproveitamos para facer unha adaptación do xogo das estatuas que tanto nos gusta. Así nos divertimos:







martes, 27 de octubre de 2015

AS PANTASMAS DE CARNOEDO

Os nenos e nenas de Carnoedo somos todos moi boíños, pero, agora que estamos no Samaín, tamén nos gusta facer das nosas. Esta vez, ocurriusenos converternos en pequenas pantasmas, e así asustar un pouquiño a todo aquel que nos visite. Mirade que mural tan chulo nos quedou

ARAÑAS COMESTIBLES

E se onte era Noa quen nos trouxo o postre, hoxe fomos nós mesmos quen o fixemos! primeiro vimos un video en internet para aprender a facer a nosa araña, e despois mans á obra. Así que simpáticas nos quedaron...

Pero, realmente, do que tiñamos ganas era de comelas. Bo proveito!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

lunes, 26 de octubre de 2015

UN DETALLAZO DE NOA!!!

A nosa amiga Noa estivo esta fin de semana preparándonos un detalliño moi chulo e propio do Samaín, un morcego! pero estes morcegos viñan coa barrigola chea!cando os abrimos atopámonos con que estaban cheos de galletas! decidimos levalos para casa e poder tomalas de postre ou de merenda. 

Moitísimas grazas Noa!