jueves, 15 de enero de 2015
PREPARAMOS A MESA PARA A NOVA INVESTIGACIÓN
Imos comezar un novo proxecto de investigación, para o cal pedimos hoxe a colaboración das familias. Por iso, hoxe tocou preprar unha bonita mesa para ir recibindo todo aquilo que traiades...mirade qué traballo colaborativo tan bonito!
miércoles, 14 de enero de 2015
MEDIMOS CO METRO
Onte, o noso amigo Andrés, trouxo á escola un aparello que non sabiamos nin qué era, nin para qué servía. Entón, a profe decidiu que merecía a pena adicarlle un tempo para coñecelo e saber ´como se usa. Aprendimos que é un metro, que sirve para medir, que ten un "freno" para que esté quieto, que hai que ter coidado porque ó ser tan fino polos bordes pódenos cortar, que se pode dobrar... e un montón de cousas máis. Pero, como só escoitando á profe non se aprende, despois decidimos empregalo, e fomos descubrindo que o coxín de Adri mide o mesmo que o ancho da estantería, 40 centímetros, as pernas son máis longas que os brazos...mirade qué ben o pasamos:
TEMOS UN GAÑADOR NA ESCOLA!
O último día de cole antes de nadal, foi un día de moitas sorpresas, pero aínda non sabedes outra...chamáronnos os organizadores do concurso de canaricultura da Coruña, no cal participamos desde o curso pasado, para avisarnos que Miguel resultara ser un dos gañadores. Tivo que ir nas vacacións a recoller o seu diploma e un agasallo moi especial, un canario!!! polo que nos conta, Miguel está encantado!
NORABOA MIGUEL!!!
OS REIS MAGOS DEIXARON ALGO NO COLE...
O xoves, cando voltamos á escola, a profe díxonos que había un regalo para nós. Non puideron ser outros que os Reis Magos, que, como son moi listos, sabían que nos facían falta unhas gorras novas.
Estabamos desexando que fixese sol para estrealas, e por fin Lorenzo animouse...
miércoles, 17 de diciembre de 2014
DESDE MARCELLE FELICÍTANNOS O NADAL!!!
Hoxe chegounos ó correo electrónico unha felicitación de nadal dos nosos amigos de Marcelle, mirade qué chula:
que ben o van pasar estos animaliños! nós tamén lles desexamos un bo nadal e próspero aninovo!!!
ÍMONOS POÑER AS BOTAS!!!
Esta semana temos na clase un recuncho de produtos de nadal. Dase a casualidade de que todos son doces, ummmm, e, polo tanto, estamos desexando botarlles o dente. Mañá, que xa é xoves, será o día no que os degustemos. Mirade cántos postres da época navideña temos:
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
