jueves, 23 de octubre de 2014
Pintamos os rolos....
Hoxe estivemos pintando os rolos de papel hixiénico que nos trouxeron as familias...dentro de moi pouco veredes para qué os precisabamos....uuuuhhhhhhhh
miércoles, 22 de octubre de 2014
GRACIAS FAMILIA!!!
Fai uns días, tivemos un regalo moi chuli, a familia de Adri regalounos un "cespiño"!!! trátase dun boneco ó cal lle vai medrar o pelo en forma de césped! pero para eso, primeiro temos que coidalo. Axudándonos das instruccións, xa o temos ben molladiño. Agora agardamos que, con moito mimo, pouco a pouco se vaia convertendo dun simpático peludo, a ver se lle podemos facer unhas sesións de peluquería!!!
Se conseguimos que teña unha boa melena, a profe prometeunos que nós faremos uns artesanais!
MOITAS GRAZAS FAMILIA! FÍXONOS MOITA ILUSIÓN RECIBIR UN REGALO ASÍ!
lunes, 13 de octubre de 2014
TENEMOS CHICO NUEVO EN LA OFICINA!!!
Como xa moitos saberedes, desde o pasado venres temos un novo compañeiro no cole. Chámase Kevin, e é de libro amarelo (é dicir, de tres anos). Estos días estamos axudándolle a adaptarse.
BENVIDO KEVIN!
martes, 7 de octubre de 2014
FÍXOSE O SILENCIO...
Non non, non pensedes que se estropeou o son! e que hoxe todos tiñamos moitas ganas de traballar como maiores, non vexades qué clase tan estupenda! ata a profe e algún de nós nos quedamos sorprendidos ó "escoitar" o silencio, e estivemos moi agusto. Pero só un ratiño, claro, despois volvemos á juerga!
PIZARRIÑAS
Como a profe está moi contenta con nós, a semana pasada trouxonos un regaliño...unha pizarriñas para nós! con elas, ás veces facemos traballo dirixido (copias, dictados, debuxos..) e outras o que nós queremos. Nesta ocasión, despois de traballar as bandeiras, Miguel quixo facer unha...
Esperamos sacarlles moito proveito!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)