martes, 7 de octubre de 2014

FÍXOSE O SILENCIO...







Non non, non pensedes que se estropeou o son! e que hoxe todos tiñamos moitas ganas de traballar como maiores, non vexades qué clase tan estupenda! ata a profe e algún de nós nos quedamos sorprendidos ó "escoitar" o silencio, e estivemos moi agusto. Pero só un ratiño, claro, despois volvemos á juerga!

PIZARRIÑAS



Como a profe está moi contenta con nós, a semana pasada trouxonos un regaliño...unha pizarriñas para nós! con elas, ás veces facemos traballo dirixido (copias, dictados, debuxos..) e outras o que nós queremos. Nesta ocasión, despois de traballar as bandeiras, Miguel quixo facer unha...



Esperamos sacarlles moito proveito!

CUMPLE DE SUSO

miércoles, 24 de septiembre de 2014

FOTOS CREATIVAS



Estes días estivemos facendo unhas fotos cargadas de moita creatividade e sobre todo cariño, xa que, cando os obreiros nos rematen as reformas, teremos que adornar as paredes, e qué mellor forma que ser nós mesmos os protagonistas!

Mirade:




lunes, 15 de septiembre de 2014

miércoles, 10 de septiembre de 2014

ARRANCAMOS!







Hoxe foi o noso primeiro día de clase, e a profe está supercontenta! nós, os maiores, axudámoslle moito coas novas nenas, e portámonos xenial. Mirade que ben o facemos, a que parece unha clase de maiores maiorcísimos????