martes, 22 de octubre de 2013

PREPARAMOS A DECORACIÓN DAS VENTÁS!





Este ano retrasámonos un pelín na decoración das ventás porque queriamos esperar a que estuveran limpias e así facilitárllelo traballo ós limpadores. Pero agora xa podemos comezar!!!! non podiamos deixar de lado ó outono, e, despois de falar qué cousas pasan no noso arredor nesta estación, puxémonos mans á obra! xa temos a árbore, hoxe tocoulle ó céspede, e en vindeiros días seguiremos!

jueves, 17 de octubre de 2013

PREPARAMOS A CANCIÓN DO SAMAÍN

SEGUIMOS ESTRENANDO QUEBRACABEZAS!



Hoxe tivemos unha sorpresa: chegaron quebracabezas novos!!! pero esta vez foi grazas á profe Olga e ós seus nenos/as. Enteráronse de que non tiñamos moitos no noso recuncho e mandáronnos un montón deles pola profe de inglés!!! Qué contentos nos puxemos!!!! Mirade cómo xogamos:









MOITAS GRAZAS A OLGA É ÓS SEUS NENOS/AS!!!!

martes, 8 de octubre de 2013

TEMOS QUEBRACABEZAS NOVOS!!!!




Hoxe tivemos unha sorpresa, chegáronnos quebracabezas novos para o seu recuncho!!!! pero antes de poñelos alí, tivemos que facer un pequeno truco para que as pezas non se misturen. Puxémoslle un símbolo a cada un polo parte de atrás de cada peza, igualiño ó que lle debuxamos a cada caixa. Así, en caso de que non caian ó chan ou que estén mezcladas, pois simplemente con ver o símbolo sabremos dónde a temos que gardar.

Feito isto, probámolos para ver se eran fáciles ou non, divertidos etc... témolos de varios números de pezas. Cando unha mesa remataba co seu, os nenos/as desa mesa debían ir axudar ós demais compañeiros. Tratouse de toda unha actividade de compañerismo! Mirade qué ben o fixemos...

CUMPLE DE SUSO

jueves, 3 de octubre de 2013

MENSAXE PARA ANDRÉS




Debido a un pequeno accidente doméstico, Andrés vai ter que estar uns días sen poder vir ó cole. Nós botámolo moito de menos e estamos preocupados por él, por eso lle quixemos mandar este agarimoso mensaxe....RECUPÉRATE PRONTO ANDRÉS!!!