lunes, 4 de febrero de 2013

UN DÍA CALQUERA





Aquí nos tedes, no momento do traballo de mesa, un día calquera. Podedes ver o ben que traballamos!

viernes, 18 de enero de 2013

Super Antonio. video SUPER emotivo





Hoxe estivemos vendo este video de Antonio no cole. Gustounos moito e dixemos que lle queremos moito.

jueves, 17 de enero de 2013

Colaboramos coa ornamentación de Sada!

Mirade co que me atopei estes días paseando por Sada!





 
 
 
 
 
 
 
é a nosa caixa de incienso que lle regalamos o ano pasado ós Reis Magos, cando viñeron vernos actuar! que ilusión que a tiveran gardadiña!

lunes, 14 de enero de 2013

A falta de medios...boa é a imaxinación!

 
 
O pasado xoves, cando saímos ó patio, Lorenzo deixou ver os seus raios, polo que a profe  mandounos poñer as gorras. Pois ben, Andrés non atopaba ningunha, e buscou unha solución...empregou a súa bolsiña da merenda para cubrila cabeza! Mirade qué simpático estaba....
 
 
 
 
 
Ben é certo que, a falta de medios, boa é a imaxinación! cánto temos que aprender dos nenos!

miércoles, 19 de diciembre de 2012

BO NADAL CANDELA!



Mirade que foto tan chula nos chegou ó correo!



Deste xeito tan orixinal, a nosa amiga Candela deséxanos unhas boas festas. Moitísimas grazas Candela! nós tamén temos os mesmos desexos para ti e a túa familia! Encántanos recibir sorpresas así!

Un chucho gordo.