jueves, 15 de noviembre de 2012
lunes, 12 de noviembre de 2012
EXPERIMENTAMOS...
Cando estabamos na explicación do traballo, surxiu unha dúbida: que pasa se mollamos plástico? e se mollamos papel? como non o tiñamos moi claro (uns decían que quedaba mollado, outros que estaba frío...) decidimos facer a proba. Aquí nos vedes:
| comezamos co experimento |
| probamos co plástico |
| está mollado, pero segue igual |
| probamos agora con papel |
| que está pasando co papel? |
| desfíxose! |
miércoles, 7 de noviembre de 2012
AS BRUXIÑAS DE CARNOEDO...
Éste foi o pequeno mural que fixemos para felicitar ás nosas familias o Samaín:
Estamos feitos/as unhas bruxiñas, pero boíñas eh! Seguiremos a enfeitizarvos pouco a pouco...
Sorpresa de Candela
Mirade qué sorpresa tiñamos no noso correo...
Mateo dí "feliz halloween"
Adri dí "la quiero mucho"
Arantxa dí "que le gustan mucho sus calabazas"
David di "me gusta la calabaza"
Yago dí "feliz samaín".
Como ves, estamos encantados de que te acordes de nós!
Moitos bicos Candela!
domingo, 4 de noviembre de 2012
Son un morcego
Xa sabedes que estamos feitos uns artistas. Pois ben, como queremos seguir demostrándoo, aproveitamos o Samaín para inventar unha canción, disfrazarnos e representala para que nos poidades ver....aquí nos tedes....
Collar de zonchos
O pasado mércores, Mateo chegou ó cole cunha sorpresa, un collar ou rosario de zonchos! Nun primer momento, todos nos quedamos asombrados, porque non sabiamos qué era iso, unhas castañas colgadas dun fío...pero Maru encargouse de contarnos cómo se chamaba, era un rosario de zonchos! Polo visto, é unha tradición de fai mooiiiiito tempo, no que os nenos/as, tal día coma ese, facían os collares con castañas cocidas. A verdade é que é unha tradición ben chula!
Mirade qué guapo estaba Mateo co seu collar...
Moitas grazas Maru por traernos esta fermusura, e, sobre todo, por contarnos a súa historia! Mateo compartiu con todos nós as castañas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
